lunes, 8 de junio de 2020

AVISO FAMILIAS












Bos días familias:

Hoxe me poño en contacto con vos para informar dunha serie de cousiñas importantes, ahora que rematan as clases.

A partires do venres día 12 de xuño xa non se mandarán taregas a través do blogue, aproveito para darvos a noraboa por como traballástedes e como vos esforzasteis os nenos e nenas de 4º, así como agradecer a colaboración das familias para poder levar adiante estes meses tan complicados.

O día 19 de xuño de 10:00h ata as 13:00h poderedes pasar polo colexio para recoller o material dos vososos fillos/as.Se por algún motivo o horario indicado non pode ser cumprido, poñédevos en contacto con Dirección, para tentar establecer unha hora que se axuste as vosas necesidades.

Como xa sabedes e para que todo se faga da meneira correcta, temos que seguir as medidas establecidas pola Consellería de Educación e Sanidade, que son:



-. Só poderá acudir ao colexio para recoller este material un único adulto que en ningún caso pode vir acompañado de menores.
-. Deben traer mascarilla.
-. Esperarán no baixo cuberta da entrada principal a que un mestre/a lles indique que poden pasar.
-. Os materiais atoparanse  no corredor da planta baixa, disposto nunhas mesas co nome de cada alumno/a, pòlo que no será preciso subir a aula.
-. No caso de que haxa algunha persoa máis esperando, deberán gardar un mínimo de dous metros de distancia entre eles. 
-. Unha vez recollido o material deberase abandoar as instalacións e non parar a falar con outras familias ou mestres.
    

Neste dia tamén deberedes  acordarvos de traer os libros ou películas que teñades de préstamo da Biblioteca. E se algún ten algún libro de texto que levara para casa antes do confinamento tamén deberedes de traelo ese día.

Un saúdo e que todo vaia ben!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario