ATRÉVESTE CUN TRABALINGUAS?
↪Animadevos e a ver se sodes capaces de aprendelo...............................😉
O vello revello sapatandello.
Érase unha vez un vello revello sapatandello
que foi ao monte remonte sapatandonte
e detrás dunha pedra revella sapatandella
encontrou un cuiño rebiño sapatandiño.
Levouno á casa rebasa sapatandasa
díxolle o vello á vella revella sapatandella:
"Toma este cuiño rebiño sapatandiño
e bótao na olla rebolla sapatandolla,
que eu vou á misa remisa sapatandisa
e logo veño.
Ten cuidado co gato rebaso sapatandaso
non che leve un pedazo".
Ao vir da misa remisa sapatandisa
díxolle o vello á vella revella sapatandella:
"Onde está o cuiño rebiño sapatandiño?"
"O cuiño sapatandiño levouno o gato rebaso sapatandaso."
ME CAGO NO GATO REBASO SAPATANDASO, SE VOU ALÍ DOULLE UN PAUSASO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario